Acuario - O GROVE

O Acuario do Grove foi Reinaugurado a pasada Semana Santa do 2011. Entre os seus obxectivos principais atópase o ser referente deste tipo de centros en Galicia, e o principal centro de interpretación das Rías Baixas, tendo como misión principal contribuír de forma activa á conservación do medio mariño e a súa biodiversidade. Para iso hanse de cumprir con tres obxectivos primordiais: CONSERVACIÓN, EDUCACIÓN e INVESTIGACIÓN.

O Acuario na actualidade conta cunhas 100 especies distintas e uns 1000 individuos, repartidos nos seus 28 tanques, sendo o máis grande o Oceanario con 250.000 litros (onde se atopan as especies máis grandes como o quenlla touro, Carcharinus taurus, peces limón, Seriola dumereli, musolas, Mustelus asterias, etc.) e o máis pequeno cuns 500 litros, onde se atopan os ovos de pintarroja, Scyliorhinus canicula, e de raia, Raja sp., xunto cunha cría de quenlla pintarroja.

No Acuario do Grove atópanse representados os ecosistemas mariños que podemos atoparnos nas Rías Baixas, como son o infralitoral rochoso, infralitoral arenoso, comunidade de marismas, costa cantil, espazos mariños protexidos: Parque Nacional das Illas Atlánticas, caladoiros, sen esquecernos de algo tan característicos das nosas rías como son as bateas de mexillóns, ou as granxas de douradas, abadexos, etc.

As instalacións do Acuario do Grove tamén contan con zona de Recuperación de animais mariños, sala de conferencias e exposicións, aula de educación.

Horarios de visita: · 1 XULLO - 31 AGOSTO. De luns a domingo: de 10:30 a 21:30 h. · 1 SETEMBRO - 15 OUTUBRO e 1 ABRIL - 30 XUÑO. De luns a venres: de 10:30 a 14:00 h e de 15:30 a 19:00 h. Sábado e domingo: de 10:00 a 20:00 h. · 16 OUTUBRO - 30 MARZO. Sábado, domingo, festivos e pontes: de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 a 18:30 h.     

Características de Rutas á natureza

  • Distancia de todo o recorrido Distancia dende O Grove, 5 kms, 13 min. en coche. 52 minutos andando