Espacios protegidos - O GROVE

O Grove, segue sendo un lugar privilexiado para o mantemento de variados espazos protexidos. Quizais o debamos a estar lonxe doutros núcleos urbanos ou ben á graza divina que nos dotou de zonas inigualables ou poida que ás diversas institucións públicas que regulan este anaco de terra e mar.

O certo é que aquí se concentran diversos modos de protección: a Rede Natura 2000, o Espazo Natural en réxime de protección xeral do Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa A Bodeira.