Rutas de senderismo - O GROVE

Din que quen move as pernas move tamén o corazón, é máis, se o fai por unhas sendas tan increibles como as que discorren pola península do Grove. 
Paseos, de entre unha e dúas horas, lévannos por praias, montes e cantiis e sempre cun salgado aroma a salitre que nos enche os pulmóns.