Turismo gastronómico - SANXENXO

Sanxenxo en particular e todas as Rías Baixas en xeral son o paraíso gastronómico, onde en cada estación e mes a mes celébrase a exaltación dalgúns dos ricos manxares destas terras. Os mariscos, peixes, carnes, a horta e os viños, materias primas de primeira calidade son a esencia da cociña de Sanxenxo. Como especialidade local, a "Raia" de Portonovo. En canto ao VIÑO, coa denominación Rías Baixas denomínase aos viños do Salnés, Soutomaior, o Condado e Baixo Miño, elaborado a partir das variedades Albariño, Loureiro, Treixadura e Caiño. Tamén se elaboran outros viños típicos do país. As adegas distribúense por toda a comarca en número próximo ao centenar, e constitúen unha das visitas máis reclamadas polos que durante todo o ano achéganse a Sanxenxo, podendo facer unha Ruta do Viño, visitando as distintas adegas.