Curso de Coctelería e Batidos (sen alcohol)

 O Concello de Meaño informa de que se vai levar a cabo un curso de "Coctelería e Batidos (sen alcohol)" encadrado dentro do Programa  DEPO RUARTE da Deputación Provincial de Pontevedra.
            O curso está  dirixido a mozos/mozas de entre 14 e 30 anos de idade, e desenvolverase do 1 ao 9 de setembro, no horario de 18:00 a 21:30 horas na Casa de Cultura de Lores.
              (Poderán facer a solicitude en prazo os maiores de 30 anos que formarán parte da lista de espera que se utilizará no caso de que houbese prazas vacantes).
               Información e Inscricións na OMIX do Concello de Meaño, nos teléfonos 986-747102 / 986747585, www.concellodemeano.com.
               Prazo de inscrición ata o 23 de agosto.


Date: 1/09/2016 18:00 - 9/09/2016 21:30