Cultura nos Cons - Illa de Arousa

Na Illa de Arousa a cultura musical sae das escolas e auditorios e mestúrase coa natureza. Proba delo son os 2 concertos dos que vamos a poder desfrutar os vindeirosn días 24 e 26 de Agoasto.

O mércores 24 de Agosto a Escola Municipal de Música dará un concerto xunto con BUDIÑO en Cons da Salga ás 21:00 horas.

O venres 26 de Agosto é o turno da Coral Polifónica xunto con UXÍA, tame´n ás 21:00 horas pero nesta ocasión terá lugar no Con do Forno.

Ambos concertos en caso de que as condicións climatolóxicas non sexan favarables, pasarán a realizarse no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa.


Fecha: 24/08/2016 21:00 - 26/08/2016 23:00