A Siradella - O GROVE

É o punto máis alto da península do Grove que forma un extraordinario miradoiro sobre a ría de Arousa e o océano atlántico.

Desde alí veremos aos nosos pés as illas atlánticas, a lingua de area que une a antiga illa do Grove co veciño municipio de Sanxenxo, a rica enseada de O Vao e a praia da Lanzada.

Características de Rutas á natureza

  • Distancia de todo o recorrido Dende O Grove 7,2 km, 14 minutos en coche; a pé 1 h 30 min.
  • Zonas habitadas Si