Desde temperá idade os membros da familia ven ligados ao mundo do viño, sendo as viñas o primeiro patio de xogo dos novos fillos. Ao principio o viño era para consumo familiar, e fué Luís Serantes quen decidiu abrir as portas aos seus viños e compartilos coa comarca. Logo o seu fillo maior Rafael Serantes o actual encargado decidiu ir un paso máis lonxe e compartilos a escala nacional. E coa incorporación de Honorio Noya, os viños alcanzan o nivel internacional que hoxe en día teñen.
Seguimos sendo fieis ao método de elaboración tradicional, tratando de extraer de modo natural o mellor de cada uva, e respectando o tempo para unha perfecta ensamblaxe do viño. Máis que facer viño gústanos considerarnos coidadores da viña e da adega durante o proceso natural do paso de uva a mosto e finalmente a viño. Conseguindo así viños albariños de pura tipicidad.