Viña Cartín foi fundada no Val do Salnés en 1977.
En 2003 Viña Cartín estrea instalacións, cambiando a súa localización a unha antiga adega, rehabilitada desde o máximo respecto e buscando a conxugación do seu carácter artesanal coas novas tecnoloxías e formas de elaboración.
Os nosos viñedos propios garántennos, en cantidade e calidade, a materia prima necesaria para elaborar os nosos viños, que son procesados cos máximos coidados e respecto desde o campo ata a botella.
Desde a súa orixe, a adega foi crecendo e evolucionando, cambiando as súas instalacións a unha construción máis funcional e tecnificada, apoiando sempre á súa tradición, a súa xente, a súa terra e a súa cultura para obter os mellores resultados.