Paco & Lola é unha adega fundada no ano 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño da comarca do Salnés, que decidiron profesionalizar a súa produción. Esta cooperativa denomínase "Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousá" e actualmente está constituída por máis de 400 socios, sendo a cooperativa máis importante por número de socios da D.Ou. Rías Baixas.
A adega conta con 200 hectáreas de viñedo propio repartidas en máis de 1800 parcelas, características do minifundio galego e localizadas na súa totalidade na subzona do "Val do Salnés".