Adegas Aguiuncho atópase situada nas Rías Baixas Galegas, máis concretamente no Val do Salnés, a subzona da Denominación de Orixe con maior superficie de viñedo.
En 1999 Manuel Troncoso Poceiro e Manuel Troncoso Prieto, pai e fillo deron vida a este proxecto, un soño para ambos. Elaborar e comercializar un viño de calidade, mirar cara ao futuro e a tecnoloxía, pero sen perder a perspectiva da Adega Artesanal que tradicionalmente se herdou nesta familia de pais a fillos.
A Adega, tecnoloxicamente equipada a gran nivel, ten actualmente unha capacidade de produción de 150.000 botellas. Os nosos viños son o fiel reflexo da nosa cultura e da nosa terra. Porque é a terra, o clima e a uva os que lle achegan os seus matices máis característicos, e nosos "saber facer" o que forxa o seu carácter.
Hai tempo que o albariño foi recoñecido como o ouro de Galicia, o fillo predilecto, o noso embaixador máis ilustre.