En 1986 nace Adegas Martín Códax e toma por nome o do máis soado trobador galego do que aínda se conservan as súas cantigas, as máis antigas do galaico-portugués, nas que se canta ao amor e ao mar que baña as nosas costas.
Desde entón, Adegas Martín Códax creceu e evolucionou apoiando sempre á súa xente, a súa terra e a súa cultura. Unha cultura que promove por máis de 40 países en todo o mundo. Un proxecto que comezou coa ilusión e o esforzo dun grupo de viticultores e que hoxe en día é xa unha realidade que converteu a Adegas Martín Códax en emblema dos viños galegos fose e dentro das nosas fronteiras.