ZARATE é unha propiedade familiar situada en Meaño corazón do Val do Salnés na D.Ou. Rías Baixas, a propiedade se enclava nun Pazo que foi construído no século XVI e reedificado totalmente no XVIII, o seu proxecto, baseado nos coidados naturais aos viñedos centenarios da propiedade, é o de expresar as características de cada parcela en viños varietales e de produción limitada.
A tradición ZARATE comeza en 1707 por Diego Zárate e Charanga Primeiro Marqués de Montesacro por Decreto de Felipe V. Despois de 7 xeracións a familia ZARATE continúa coidando os viñedos familiares e elaborando o viño.
ZARATE é o pioneiro da elaboración do viño Albariño tal e como se coñece hoxe en día, nos anos 50. Ernesto Zárate foi o fundador da Festa do albariño de Cambados gañando durante tres anos consecutivos o primeiro premio, 1954, 1955 e 1956, despois do seu terceiro triunfo retírase e non volve presentar os seus viños.