Consistorio: Data do ano 1850, e foi construído nun primeiro momento para albergar o cárcere e o xulgado do partido xudicial de Cambados. As dependencias municipais situábanse nun primeiro momento, noutro edificio na hoxe coñecida como praza de Alfredo Brañas, trasladándose posteriormente á localización actual no ano 1873. A construción sufriu varias modificacións ao longo dos anos. Na actualidade, as súas dependencias empréganse como oficinas administrativas do Concello e a policía local.