Andaina pola Ribeira Sacra - Concello de O Grove

"O Concello do Grove pon en marcha unha nova andaina "

A Concellería de Deportes organiza unha andaina ás Pasarelas do río Mao.

Seguindo a liña marcada para fomentar o deporte, ponse en marcha unha nova andaina para a veciñanza do Grove. Nesta ocasión será á ruta máis famosa da Ribeira Sacra: a Ruta das Pasarelas do río Mao. Terá lugar o sábado 29 de outubro. O itinerario é de 9 km. A actividade ten un custo de 25 euros e inclúe o traslado en autobús e a comida. As inscricións poden facerse nas oficinas de Viabustravel, axencia de viaxes situada na rúa do Sineiro, 20 A -baixo.


Data: 29/10/2016 09:00 - 29/10/2016 12:00