A ría de Arousa é un dos complexos ambientais máis interesantes de Galicia (o intermareal Umia-O Grove), a avifauna é moi rica e variada (limícolas, alavancos, patos, corvos mariños...).
Nela desemboca o río Umia, verdadeira arteria fluvial da nosa comarca. Praias e roquedos salpican un litoral que bordea augas non moi profundas (entre 70 e 20 m), mentres a vida e os pequenos portos rodéana.