A lagoa está situada á beira da praia Mexilloeira e illada do mar por unha gran duna. Os xuncos limitan a lagoa para dar albergue ás aves migratorias que habitan este lugar. É a única lagoa con estas características da provincia de Pontevedra.
Esta enseada está declarada Zona Húmida de Importancia Internacional e incluída no convenio RANSAR.
Está situada entre a península do Grove, o istmo da Lanzada e a zona suroeste da ría de Arousa, abarcando o estuario do Umia ata Cambados. Aquí estaban as salinas que lle deron á comarca o seu nome: O Salnés.
A entrada e saída das augas é a través da pequena canle que forma a illa da Toxa. De pouca profundidade e pouco movemento de augas forma un ecosistema elixido por unha gran variedade de aves para *invernar ou como descanso nas súas longas migracións.
Destaca o espazo natural da enseada de O Bao, onde podemos ver especies como a Garza Real, Zarapitos, Ánades, Correlimos... entre moitas outras.