Paseo da Calzada: O paseo da Calzada é a unión natural entre as antigas vilas de Fefiñáns e Cambados. Construiuse no ano 1852 con pedras do antigo convento de San Francisco e, posteriormente plantáronse as árbores no 1855.
Con motivo do terceiro centenario do Quixote, cámbiaselle o nome por paseo de Cervantes, pero finalmente, a principios dos 80, volve recuperar o seu nome orixinal.
Neste paseo atópase, dende marzo do 2013 a Oficina Municipal de turismo, que permanece aberta durante todo o ano, e o monumento ao poeta Ramón Cabanillas, esculpido en bronce por Francisco Asorey en 1960 e onde, con motivo da celebración en maio do día das Letras Galegas, realízase unha ofrenda floral por parte dos alumnos dos distintos colexios do concello ao escritor homenaxeado cada ano.