Pazo de Fajardo ou Salgado: Data do s. XVII, e é unha excelente mostra do que foron e son as casas nobres de Cambados. Destaca a torre almeada da década dos 60, así como distintos escudos das liñaxes familiares, entre os que se atopan os dos Feijoo, os dos Sotomayor, e os dos Figueroa. De entre os personaxes ilustres que pertenceron a esta casa podemos salientar ao monxe Sebastián Jerónimo, bispo de Bos Aires e arcebispo de Santiago de Compostela, e D. Bernardino Rodríguez Fajardo, tenente de artillería.