Situada no extremo occidental da península, que partindo da praia de Barreiro, segue en dirección sur bordeando a costa ata as proximidades da urbanización turística de San Vicente do Mar.
Agora en dirección norte, e polo interior, chégase á parroquia de San Vicente para volver á praia de partida, en dirección á costa.
Nesta ruta podemos atopar o lavadoiro de Laxe, aproveitado antigamente polo estancamento de auga pluvial entre as rocas cóncavas que dan lugar ao topónimo, o lugar pintoresco de Portoxunco e A Batería (zona de adestramento militar).