Praza de Fefiñáns: A praza de Fefiñáns está formada polo pazo de Fefiñáns, a arco-ponte, a atalaia Torre da Homenaxe, e pola igrexa de San Bieito, sendo un dos conxuntos arquitectónicos máis fermosos e admirados de Galicia. Antigamente era coñecida como a praza do mercado, pois alí era onde se celebraba semanalmente.