Catedral de Santiago de Compostela. A catedral románica, trazada seguindo o modelo francés das igrexas da peregrinación, levántase (1075-1211), promovida polo bispo Diego Peláez e dirixida polo Mestre Esteban, sobre os restos das primitivas igrexas construídas no lugar onde aparecesen as cinzas do Apóstolo.
Museo do Pobo Galego. Creado en 1976, é o primeiro museo de Galicia que desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abarcar e relacionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada. Ademais da mostra permanente, organízanse regularmente outras actividades: exposicións, cursos, congresos..., e edítanse publicacións.
Centro Galego de Arte Contemporánea. Constituído como centro dinamizador da vida cultural dunha cidade marcada pola arte e a historia, fué proxectado e construído entre 1988 e 1993 polo arquitecto portugués Álvaro Siza (Premio Pritzker 1993).
Museo da Catedral. Fundado en 1930, actualmente no percorrido do museo inclúense tres zonas con acceso independente, todas elas situadas en distintas dependencias da Catedral compostelá, o que permite un coñecemento completo da historia e importancia artística dun centro culto-cultural fundamental para a humanidade.