Outra opción, recomendada pola súa beleza, é deixarse levar con calma pola senda de madeira que discorre desde o porto deportivo de Pedras Negras á zona de Con Negro.
Esta senda condúcenos, durante aproximadamente 1 hora, entre cantiis para descubrir zonas agrestes e un mar de Arousa que por aquí móstrase menos sereno.
Outra senda de madeira, paralela á praia da Lanzada, lévanos durante media hora a camiñar e respirar o iodo e os sales que chegan do mar. Percorrela supón un alivio para a nosa saúde en calquera época do ano.