Na historia da nosa adega hai un feito relevante e documentado: en 1928 rexístrase a marca Albariño de Fefiñanes. Un xesto pioneiro que establecía a súa íntima relación co futuro. A confianza nun produto que case un século despois segue alentando nosa xa histórica paixón polo viño.
Benvidos ás nosas adegas que desde unha xeografía privilexiada, un marco de histórica beleza e un espírito de normas sinxelas e austeras, traballa incansablemente por referendar a excelencia dos seus produtos.