Hai 30 anos, o fundador de Bouza de Carril, D. Luís Rodríguez Balsa, comezou a plantar as primeiras cepas de uva albariña nas súas terras, no Val do Salnés. Co paso do tempo, seguiu apostando por esta variedade de uva, ao ver o excelente viño de calidade que saía da uva albariña.
Hoxe en día somos unha adega familiar, onde elaboramos un viño diferente, ademais de seguir facéndoo coa tradición e experiencia que nos precede, utilizando a máis moderna tecnoloxía para conseguir así os mellores caldos.