Festas de Entroido: En toda a provincia. Son famosas as danzas con arcos en Cobas (Meaño), así como a Romaría das Cabezas, en Meis. Destacar tamén o enterro da Sardiña en case todos os municipios e o enterro do Papagaio Ravachol, en Pontevedra, ao final do Entroido.
Semana Santa: En toda a provincia. Citar a Paixón de Cristo, que se representa en Paradela (Meis) desde o século XVIII. O domingo seguinte de Pascua, tamén en Paradela (Meis), hai unha festa no que se coce un bolo de Pascua réplica xigante do que por esas datas regalan os padriños aos seus afillados.
Os Maios: En toda a provincia, primeiro día de maio. Os maios festexan a chegada do bo tempo: figuras de tamaño regular feitas con flores, ramas, plantas, froitas e outros materiais que teñen unha finalidade alegórica e/ou artística.
Festa de San Benito: Cambados. 11 de xullo.
Festa de San Benito de Lérez:Pontevedra. 11 de xullo. De Interese Turístico de Galicia.
Santiago Apóstolo: En toda Galicia. 25 de xullo. Festa de carácter cívico e relixioso. É o día de Galicia, celébrase sobre todo en Santiago de Compostela. Festa de Interes Turístico Internacional.
Festa da auga: Vilagarcía de Arousa. 16 de agosto. Coincide coa celebración das festas en honra a San Roque. Na festa de carácter relixioso, os fieis acompañan á imaxe de San Roque ao ritmo do pasodobre Triunfo, e pola tarde fan o mesmo percorrido pero á inversa. Na parte lúdica da festa, uns e outros se regan recíprocamente nun ambiente refrescante e alegre.
Festas da Peregrina: Pontevedra. Segunda quincena de agosto. Festas maiores de Pontevedra, onde se celebran todo tipo de actividades culturais, deportivas e lúdicas.
A Feira Franca: Pontevedra. Primeiro fin de semana de setembro. De carácter histórico.
Os Milagres: Meaño. Segundo domingo de setembro. De carácter relixioso.
Magostos: En novembro, en toda a provincia. Festa popular con encontros veciñais ao redor dun lume no que se asan castañas e bébese o viño novo.