Ruta PR-G 172 Ruta do río Chanca - MEAÑO-MEIS

A ruta PR-G 172 Ruta do río Chanca, transcorre polos municipios de Meaño e Meis, comezando en Lores (Meaño) e terminando o percorrido no Mosteiro de Armenteira. É unha ruta lineal de 7,1 km. na que veremos varios muíños restaurados ao longo do río. A dificultade da ruta é baixa, ben sinalizada e a duración aproximada é de dúas horas. É apta para BTT. Para chegar ao comezo da ruta, desde a AG-41, sairemos na saída de Meaño no quilómetro 12 pola PO-303 e máis adiante viraremos a man dereita pola EP-9205 dirección Lores, nada máis cruzar o río Chanca a man esquerda hai unha zona para aparcar o coche.

Empezamos a camiñar río arriba, os primeiros metros son un reflexo do que nos atoparemos no primeiro tramo da ruta, un carreiro fácil de bo piso no que veremos unha boa cantidade de muíños. Pasados os 200 metros veremos un muíño acondicionado como bar, o cal ten unha pequena fervenza de auga, e despois do muíño unha pequena praia fluvial con mesas e bancos.

O camiño está salpicado de muíños constantemente, ao cruzar a estrada máis adiante veremos o Muíño do Crego e cando aínda non levamos percorrido un quilómetro chegaremos a outro merendero despois de pasar un muíño e unha levada de auga. Cruzaremos a estrada varias veces, vendo un lavadoiro e algúns muíños máis, algún deles restaurado e outros en ruínas.

Despois de atravesar a estrada PO-303, no quilómetro 2,5, o carreiro cambia e chegaremos a un bonito tramo con máis vexetación rodeado de árbores e cun pouco máis de pendente. Despois de dous quilómetros volveremos cruzar a estrada EP-9405, a partir de aquí camiñaremos cunha leve pendente cara abaixo por unha pista de terra, pasando á beira dun cruceiro despois dun quilómetro, e máis adiante chegaremos á dereivación cara aos muíños da Burata, onde hai unha mesa de pedra cuns bancos onde podemos facer un descanso.

Seguiremos uns metros e unha vez que nos crucemos co PR-G 171, viraremos a man esquerda por un carreiro que nos levará despois de 200 metros ao Mosteiro de Armenteira, onde termina a ruta.


Fuente: http://www.queverengalicia.com

Características de Rutas á natureza

  • Recorrido 7 kms
  • Zonas habitadas Si
  • Nivel de dificultade Medio