Ruta del Río Umia - CAMBADOS

O Río Umia nace na parroquia de Aciveiro, municipio de Forcarei, e percorre os municipios da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia e Cambados. Finalmente desemboca na Ría de Arousa. Na contorna do Umia podemos ver alisos ( Alnus glutinosa ) a ambos os dous lados. O gran porte destas árbores limita a proliferación doutras especies, por tanto veranse acompañadas unicamente por helechos e plantas que necesitan sombra e humidade, como as ortigas ( Urtica dioica ). Tamén podemos atopar arbustos como o loureiro ( Laurus nobilis ). En canto á fauna ictícola, destacan as troitas que se poden observar facilmente. O Río Umia ten unha gran importancia cultural ao longo da historia, nacendo diversos contos ou lendas como o da Ponte Arnelas e o da Ponte dos Padriños. A presenza do home nas beiras do río modifica tamén a paisaxe coa extensión dos cultivos ata a marxe fluvial, para aproveitar a humidade e os nutrientes, o que favorece a actividade produtiva, pero limita o desenvolvimiento das especies. Esta presenza vese tamén afectada na existencia de muíños, moitos deles en estado ruinoso por falta de uso, e na actividade de pesca, que se desenvolve ao longo da canle. Duración: 1 hora e 18 minutos.  

 

Características de Rutas á natureza

  • Nivel de dificultade Medio